Hoxe, aproveitando que o tema a traballar dende a titoría era o da Educación Vial, os alumnos de 5ºEP achegámonos ás instalacións da autoescola Lemos para coñecer da man de Asun moitas cousas. O uso do cinturón, as precaucións que debemos ter como peatóns e como ciclistas… incluso algunhas sinais estranas para nós!
Un anaco entretido sen dúbida! Moitas gracias a Asun e Pablo pola acollida recibida.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra da nosa visita.