Tel. 982 400 450 / 626 620 631 | dir.monforte@escolapiosbetania.es |  Defensa del menor  | Canal de denuncias |

T19 GAL

SAN PEDRO (ANDREA DEL SARTO)
Óleo sobre taboleiro. S XVI

San Pedro, Cefas ou simplemente Pedro foi un dos discípulos máis destacados de Xesús de Nazaret. O seu nome de nacemento era Simon bar-Jona e era pescador de oficio no mar de Galilea. Converteuse no apóstolo máis coñecido e máis citado no Novo Testamento. Tamén é citado por Paulo de Tarso nas súas epístolas, incluída a Epístola aos Gálatas, onde se refire a el como unha das tres columnas da Igrexa de Xerusalén. Unha figura de primeira orde e de firme valor teolóxico por mor do ministerio que lle foi encomendado por Xesucristo, tamén é coñecido como o príncipe dos apóstolos. Dado o prestixio que gozaba na Igrexa primitiva, tamén proliferaron os «escritos apócrifos» centrados na súa figura, como o Evanxeo de Pedro, o Apocalipse de Pedro, os Feitos de Pedro, os Feitos de Pedro e Paulo, entre outros.


Un dos cinco cadros de Andrea del Sarto que se poden ver na Pinacoteca do Colexio de Nª Señora da Antiga:

  • Santa Margarida de Cortona, a penitente.

  • Santa Inés, nena de doce anos, mártir no 304, co seu simbólico año, a orixe do seu nome.

  • Santa Catalina de Alexandría, patroa dos filósofos, mártir aos 18 anos.

  • San Pedro, pai da Igrexa, de máxima perfección.

  • San Xoán Bautista, de gran beleza en cor e forma. Estes dous últimos son réplicas doutras existentes na catedral de Pisa.