Tel. 982 400 450 / 626 620 631 | dir.monforte@escolapiosbetania.es |  Defensa del menor  | Canal de denuncias |

T11 GAL

ADORACIÓN DOS REIS MAGOS
A pintura da Adoración dos Reis Magos que se pode ver na Igrexa é unha copia do orixinal de Vander Goes que se atopou neste mesmo lugar e cuxa autenticidade foi descuberta polo crítico de arte monfortino Antonio Méndez Casal, a principios do século XX. O Padroado do Colexio cría conveniente vender o cadro para que, co seu importe, conservase, restaurase e rematase o edificio, ata que quedase como está agora. Segundo os testemuños da época, estaba nun estado terrible. Ofreceuse en primeiro lugar ao Patrimonio Nacional; declarouse sen fondos para a súa compra. Solicitouse o permiso para poñelo en poxa pública e o Museo Kaiser Friedrich de Berlín adquiriuno por 1.200.000 francos suízos = 1.262.800 pesetas no seu momento. A venda incluía unha condición: enviar unha copia auténtica do mesmo tamaño. É o que agora está aquí. Na opinión da crítica, está tan ben feito que non desmerece o orixinal.