O pasado venres os alumnos de 5º de Primaria fixemos unha saída para coñecer mellor o entorno da Ribeira Sacra.
Comezamos o día visitando a Rectoral de Amandi, a maior produtora de viño da zona. Gustounos moito ver o proceso de elaboración e embotellamento no cal unha botella cada segundo está lista para ser bebida!
Ao finalizar recorremos a ruta dos Muíños e os Chancís onde puidemos disfrutar da natureza tan excepcional que nos rodea ademais de ver unha catarata que nos deixou impresionados coa cantidade de auga que levaba.
Xa cansos, dirixímonos a Cadeiras para repoñer forzas e comer algo, ademais de disfrutar dun ratiño de tempo lúdico para seguir afianzando as boas relacións entre compañeiros.
Para rematar o día fumos visitar a Elías, alfareiro de Gundivós, que moi amablemente explicounos os distintos útiles que se facían e utilizaban antigamente e que agora apenas coñecemos. Fíxonos ademais unha demostración de como facer unha xarra con bigotes, quedamos alucinados!
Sen dúbida, unha boa xornada!
Aquí vos deixamos unha mostra dalgunhas fotos….
| Excursión Ribeira Sacra 5ºEP |



