Tel. 982 400 450 / 626 620 631 | dir.monforte@escolapiosbetania.es

MAGOSTO 2018

O pasado venres, día 2, celebramos o tradicional magosto cos alumnos de Infantil e Primaria.

Foi un momento de convivencia moi positivo, tanto por manter unha tradición como por disfrutar dun momento máis lúdico de xuntanza alumnos-profesores.

Agradecer á panadería Carud, que como cada ano colabora con nós asando as castañas que despois degustamos no magosto, e que sempre están espectaculares.

Tamén, ao longo de toda a semana pasada, tivemos a Exposición de Cabazas nos dous claustros, había auténticas obras de arte.

Destes dous eventos tedes un pequeno resumo gráfico no vídeo que vai a continuación.