Esta semana realizamos a entrega de diplomas aos alumnos que o curso pasado realizaron un aproveitamento óptimo do programa de lectura comprensiva Progrentis.

Moitos parabéns a todos e desexar que sigades traballando para a mellora da lectura e comprensión, que redundará na mellora do rendemento académico.