Tel. 982 400 450 / 626 620 631 | dir.monforte@escolapiosbetania.es |  Defensa del menor  | Canal de denuncias |

CANDIDATURAS PARA ELECCIÓN DE PAIS/NAIS NO CONSELLO ESCOLAR

Estimadas familias

segundo acordo da Xunta Electoral reunida o pasado 7 de novembro, durante a vindeira semana, ata o xoves día 22, poderán presentar CANDIDATURA PARA FORMAR PARTE DO COSELLO ESCOLAR todos aqueles pais/nais/representantes legais dos alumnos matriculados no centro que desexen formar parte deste órgano; para elo deberán deixar constacia delo na SECRETARÍA DO CENTRO (DE 10 A 13:30 de luns a xoves) cubrindo unha instancia que alí se proporcionará

Recordamos a importancia de formar parte da Comunidade Educativa a través do Consello Escolar no que se da información sobre a normativa vixente nos colexios .

As nais e pais teñen un interese lexítimo en preocuparse pola educación dos seus fillos. O profesorado quere conseguir o mellor para os seus alumnos e as nais e pais queren conseguir o mellor para os seus fillos. Ás veces parece que non nos decatamos de que os alumnos dos profesores e os fillos dos pais son os mesmos individuos, son os mesmos nenos. Profesores e pais teñen os mesmos intereses: conseguir a mellor educación para eses nenos. Entón se están de acordo no obxectivo, conseguir a mellor educación para eses nenos, téñense que poñer de acordo na metodoloxía, nos medios, nas estratexias para conseguilo. Teñen que estar necesariamente de acordo, respectando sempre que o profesional é o profesorado que é o especialista na transmisión do coñecemento e na dirección das accións para conseguir as competencias. Os acordos se conseguen falando, d ialogando, negociando, participando e un bo lugar para procurar esa comunicación son os consellos escolares dos centros nos que está representado o profesorado, as nais e pais, o persoal de administración e servizos e en determinados casos o alumnado.

Sen outro particular, recibide un cordial saúdo

A dirección