Fantástico día! Hoxe tocou empaparse un pouco máis dos rincóns máis históricos do noso colexio. Os mestres fomos explicando aos rapaces a historia da escaleira, a fachada, a igrexa e o museo in situ. Os rapaces foron pasando polos puntos de interese para tomar notas. Ao voltar á clase, xuntámonos por parellas para elaborar un tríptico coa info recollida.

Pola tarde, o bo tempo permitíunos desfrutar da búsqueda do tesouro. Tiveron que buscar pistas por todo o colexio e resolver adiviñas, códigos, preguntas ou xogos de palabras. O día estaba espléndido. Por último, traballamos cun mapa mental a modo de repaso de todo o vivido na semana.

Hoxe foi un día intenso. Mañá pola tarde, se o tempo o permite, visitaremos monumentos da cidade relacionados co Cardeal.