Tel. 982 400 450 / 626 620 631 | dir.monforte@escolapiosbetania.es

Visitamos o Fogar San José ( 3º e 4ºEP)

Dentro das actividades programadas para amosar aos rapaces as distintas profesións, este ano escollimos de novo o Fogar San José. Alí puidemos ver de primeira man todos os coidados que necesitan os nosos maiores e tomamos nota das profesións requeridas para elo: enfermeiros, persoal de cociña, coidadores, labregos… Tamén tivemos ocasión de falar cos anciáns e que nos contasen a que se adicaban de novos.

Coma sempre, mil grazas a traballadores e clientes por acollernos tan ben. Os rapaces quedaron encantados!