Tel. 982 400 450 / 626 620 631 | dir.monforte@escolapiosbetania.es

VISITA POLA RIBEIRA SACRA

Os alumnos de 5º de primaria visitaron o pasado venres día 17 a Ribeira Sacra.

Comezamos o percorrido coa ruta dos Muíños do Xábrega con parada para unha merenda no embarcadoiro dos Chancís. A continuación visitamos as instalacións da Bodega Rectoral de Amandi onde coñeceron de primeira man o proceso de elaboración do viño. Xa ao mediodía dirixímonos a Cadeiras a disfrutar dunha comida rodeados de natureza onde puidemos deleitarnos coas fantásticas vistas do Canón do Sil. Para rematar o día realizamos unha visita a Elías, oleiro de Gundivós que nos recibiu na súa casa e nos amosou o fantástico e exclusivo traballo que alí realiza.

Foi unha xornada estupenda!!