Os alumnos de 5º, acompañados polo mestre de Ciencias Socias e a titora de 5ºB, desprazámonos ata o IES A Pinguela para, no Planetario, recibir unha clase maxistral sobre o Universo de Matías, unha das persoas con máis coñecemento sobre o tema de Monforte.

Esta actividade enmárcase dentro da Unidade que estamos a traballar en Ciencias Sociais e complétase, xa en clase, co Planisferio Celeste que elaboraremos a próxima semana, para poder recoñecer todos os astros que podemos ver no ceo nocturno.