Como cada ano os alumnos e mestres de 5º e 6º visitamos os fogares de anciáns para levar un pouco de alegría, ilusión e compañía aos nosos maiores.
Neste curso os alumnos de 5º fomos ao Fogar San Xosé e os de 6º ao Centro da Terceira Idade do Malecón.
Como sempre resultou unha experiencia moi enriquecedora para os alumnos, unha mañá diferente na que fomentamos un rasgo fundamental da Escola Pía, como é a Aprendizaxe Servizo.