VISITA ÁS CLARISAS 6ºEP

Dentro da Semana Vocacional os alumnos de sexto de Primaria realizaron unha saída moi especial: visitar o convento de Santa Clara e coñecer ás relixionsas que o habitan. Unha experiencia bonita e entrañable.

Ademais de saír moi contentos da visita ás Madres Clarisas, parece que tamén saíron con fame, porque as pastas que nos regalaron as monxiñas desapareceron enseguida!!