Durante o último mes levamos feitas unha chea de tarefas divertidas para aprender de forma distinta.
En 3º estamos a facer representación con fichas para traballar decimais e colocación de contas. En 4º e 3º traballamos con sectores nas fraccións e realizamos un pequeno proxecto de xeometría moi chulo no que os rapaces tiñan que construir as súas figuras planas e corpos xeométricos. O material manipulable en matemáticas estanos a dar moitísimo xogo.
En Lingua Castelá de 4º traballamos a morfoloxía cun pequeno cooperativo no que os rapaces debían atopar a oración perdida nas fichas e unir cada unha co seu tipo de palabra. Ah! Que tamén fixemos unha expresión escrita na que explicamos como divertirse cun xogo tradicional e…o puxemos en práctica no patio!