O pasado xoves traballamos as coordenadas co noso material matemático. Os rapaces de 4º intentaron afundir os barcos dos demais compañeiros utilizando coordenadas. Algún tivo moita sorte e destrouzou as embarcación do contrario en cuestión de minutos. Que educativos eran os xogos do pasado milenio!
Esta semana traballaremos con figuras planas e corpos xeométricos. Quen dixo que as Mates son aburridas?