Hoxe inauguramos o bote dos momentos felices de cada semana. Todos os luns na materia de filosofía de 4º ESO os alumnos adicarán uns minutos a pensar algo positivo que lles acontecera nos días anteriores.
Os estudios demostran que unha actitude positiva é unha arma poderosa para a superación de todo tipo de obstáculos. Seguimos á escritora e filósofa ELSA PUNSET, coa idea que a mellor maneira de facer nenos bos é facendo que sexan felices. Que comecen valorando que momentos son felices para eles é un bo comezo.