Tel. 982 400 450 / 626 620 631 | dir.monforte@escolapiosbetania.es |  Defensa del menor  | Canal de denuncias |

Táboas de arcilla con escritura Sumeria 1º ESO Ciencias Sociais

Dende a materia de Ciencias Sociais estamos a traballar as primeiras civilizacións fluviais, nestas se da o paso da prehistoria a historia coa aparición da escritura.

Para rematar este segundo trimestre os alumnos aprenderon a realizar escritura cuneiforme, tal e como se facía nos pobos que habitaban entre os ríos Tigris e Eufrates, os que deron lugar á Antiga Mesopotamia.

Os alumnos disfrutaron moitísimo da actividade, e a profe encantada co resultado, ademáis levarán un bonito recordo do traballado nesta unidade.