Tel. 982 400 450 / 626 620 631 | dir.monforte@escolapiosbetania.es |  Defensa del menor  | Canal de denuncias |

T6 GAL

O RETABLO
De case 18 m. de alto e 9 de ancho, está feito de madeira de nogueira. Obra, na súa maior parte, de Francisco Moure, dedicada á Stma. Virxe María Encargado polos xesuítas, cuxo reitor, Juan A. Velázquez, deulle o esbozo da obra a realizar.
Consta de dous casquetes ou bases e tres corpos superpostos. Destes, os dous primeiros son de Moure. O resto é do seu fillo Francisco e discípulos. Na parte superior tres escudos: os dous lados do cardeal fundador; o do centro, máis grande e agora liso, debeu ter o escudo dos xesuítas.

Vistas de arriba abaixo e de esquerda a dereita aparecen esculpidas:

  1. O nacemento da Virxe.

  2. San Ignacio de Loyola.

  3. Anunciación de María.

    Visita da Virxe á súa curmá Sta Isabel.

  4. A Virxe da Antiga, cabeza da igrexa e escola, interpretación en relevo da pintura do nicho da esquerda, cun manto moi barroco.

  5. Adoración dos pastores.

  6. Circuncisión do Señor.

  7. Ostensorio ou templo, moi barroco, rematado por un grupo escultórico de gran perfección e realismo, que representa o sacrificio de Isaac.

  8. Adoración dos Reis. Destaca a roupa anacrónica e barroca.

Nos basamentos das columnas están esculpidos os catro evanxelistas.

Nas intercolumniacións as catro virtudes cardinais (prudencia, xustiza, fortaleza, temperanza), dúas a cada lado. Estas virtudes están separadas por un escudo do cardeal, tan ben moldeado e pulido en nogueira negra que parece coiro.