T31 GAL

INMACULADA CONCEPCIÓN

A maneira de representar á Virxe Inmaculada varía segundo a zona de España onde nos atopemos e podemos polas súas características recoñecela e achegarllo aos nenos. Un dos escultores máis importantes do século XVII, o galego, fincado en Valladolid, Gregorio Fernández, creará un modelo que se repetirá ata a saciedade en terras castelás desde a súa creación, unha imaxe que podemos ver repetida en múltiples Iglesias, xa que a Inmaculada é un dos modelos escultóricos máis populares.
Gregorio Fernández representa á Virxe coma se fose unha moza duns 15 anos aproximadamente. Ten os cabelos longos peiteados con raia ao medio cuxa melena cae sobre as costas. Esta en actitude de rezar e para iso xunta as súas mans diante do peito nunha posición que denota humildade. Esta totalmente inmóbil (pódese comparar cun militar que se atopa en posición de firme). Leva un manto que se pliega na parte baixa de forma simétrica.
A Virxe descansa nun trono de nubes e anxos, atópase pisando un pequeno dragón símbolo do pecado ou como é tradicional unha media lúa (símbolo da conquista dos reis católicos).
Son de destacar os pliegues e a caida do pelo da parte posterior da imágen.