T22 GAL

SANTA MARÍA MAGDALENA
Pintura anónima da Escola Española, do século XVII. É un óleo sobre lenzo que mide 41 X 28,5 cm. Trata dunha María Magdalena co bote de perfume a un lado, mirando ao ceo, polo tanto cunha certa actitude de oración. Houbo polo menos unha intervención, pero facilmente puido ser varias. Alguén describiu: reducido de tamaño e reenmarcado de novo noutro marco ao orixinal, presenta indicacións que falan dunha redución e dun recorte da peza, no seu lado inferior. Probablemente para aproveitar un marco de alta calidade. Foi restaurado en 2018.