Tel. 982 400 450 / 626 620 631 | dir.monforte@escolapiosbetania.es

T18 GAL

SANTO XOÁN BAPTISTA (ANDREA DEL SARTO)

Xoán Bautista coñecido como Bautista ou San Xoán, foi un predicador xudeu itinerante contemporáneo de Xesús de Nazaret, nacido a finais do século I a.C. É venerado como unha importante figura relixiosa do cristianismo, o Islam e a fe bahá’í. í. É considerado profeta por todas estas confesións e varias ramas do cristianismo proclamárono santo.
Xoán utilizou o bautismo como sacramento central do seu movemento mesiánico. Bautizou a Xesús Algúns eruditos cren que Xesús era discípulo de Xoán e algúns dos seguidores de Xesús xa foran seguidores de Xoán.
Segundo o Novo Testamento, Xoán anticipou unha figura mesiánica maior ca el, e foi Xesús o que veu. Os cristiáns falan de Xoán coma se fose o precursor de Xesús por anunciar a súa chegada.

Un dos cinco cadros de Andrea del Sarto que se poden ver na Pinacoteca do Colexio de Nª Señora da Antiga:

  1. Santa Margarida de Cortona, a penitente.

  2. Santa Inés, nena de doce anos, mártir no 304, co seu simbólico año, a orixe do seu nome.

  3. Santa Catalina de Alexandría, patroa dos filósofos, mártir aos 18 anos.

  4. San Pedro, pai da Igrexa, de máxima perfección.

  5. San Xoán Bautista, de gran beleza en cor e forma. Estes dous últimos son réplicas doutras existentes na catedral de Pisa.