SANTA MARGARITA (ANDREA DEL SARTO)
Margarita de Antioquía ou Santa Margarita (venerada na igrexa ortodoxa como Marina de Antioquia) é unha santa cristiá, virxe e mártir, inscrita no grupo dos Santos Axudantes. Foi asasinada pola súa fe baixo a persecución do emperador Diocleciano (reinando entre 284 e 305).
Un dos cinco cadros de Andrea del Sarto que se poden ver na Pinacoteca do Colexio de Nª Señora da Antiga:
-
Santa Margarida de Cortona, a penitente.
-
Santa Inés, nena de doce anos, mártir no 304, co seu simbólico año, a orixe do seu nome.
-
Santa Catalina de Alexandría, patroa dos filósofos, mártir aos 18 anos.
-
an Pedro, pai da Igrexa, de máxima perfección.
-
San Xoán Bautista, de gran beleza en cor e forma. Estes dous últimos son réplicas doutras existentes na catedral de Pisa.