SANTA CATALINA (ANDREA DEL SARTO)
Catalina de Alexandría foi unha mártir cristiá no século IV. A súa festa celébrase o 25 de novembro. O seu culto estendeuse por toda Europa a partir do século VI, con énfase entre os séculos X e XII. Está incluído no grupo dos santos axudantes e invócase contra a morte súbita
Un dos cinco cadros de Andrea del Sarto que se poden ver na Pinacoteca do Colexio de Nª Señora da Antiga:
-
Santa Margarida de Cortona, a penitente.
-
Santa Inés, nena de doce anos, mártir no 304, co seu simbólico año, a orixe do seu nome.
-
Santa Catalina de Alexandría, patroa dos filósofos, mártir aos 18 anos.
-
San Pedro, pai da Igrexa, de máxima perfección.
-
San Xoán Bautista, de gran beleza en cor e forma. Estes dous últimos son réplicas doutras existentes na catedral de Pisa.