T13 GAL

APARICIÓN DA VIRXE A SAN LORENZO
(Doménikos Theotokopoulos -GRECO-).
Esta obra foi encargada polo inquisidor Rodrigo de Castro, que tamén foi arcebispo de Sevilla e bispo de Cuenca e Zamora. É unha das poucas pinturas relixiosas para particulares que El Greco realizou na súa primeira estancia en Toledo.
San Lourenzo vístese dun dalmático moi fino con brocados. Na man dereita sostén a grella, símbolo do seu martirio. Mira a Virxe co Neno Xesús, situada nunha nube e enfocada por un feixe de luz. O fondo está composto por nubes escuras con diferentes tons.
A figura é ancha e inscrita nun triángulo renacentista, aínda que é demasiado longa. O pintor utiliza unha pincelada rápida e vigorosa que revela todos os detalles. O resultado é un lenzo fermoso e moi espiritual, como se reflicte nos ollos do santo.