Tel. 982 400 450 / 626 620 631 | dir.monforte@escolapiosbetania.es

T10 GAL

SANTO CRISTO
Do italiano Valerio Cioli (1529-1599), tamén autor das estatuas da tumba de Miguel Anxo. Nome e data gravados na parte inferior do pano de pureza da imaxe.
Está feita de mármore nunha soa peza, agás os brazos. Destaca nel a maxestosa e serena expresión do seu rostro. Foi encargado por Felipe II para El Escorial (Madrid), pero non lle gustou, considerándoo demasiado musculoso; Deulle ao cardeal co que tiña unha grande amizade.