Tel. 982 400 450 / 626 620 631 | dir.monforte@escolapiosbetania.es

SOMOS EMPRENDEDORES; día 4 (5º-6ºEP)

Este cuarto día do proxecto foi moi intenso. Adicamos gran parte do tempo a rematar o proxecto de empresa e a preparar o acto de mañá, no que presentaremos as nosas familias como puxemos a nosa empresa en marcha. Cada unha delas estivo a funcionar elaborando os seus propios produtos, coñecendo así, a importancia dun bo funcionamento de tódolos departamentos da empresa (mercadotecnia, financieiro, RRHH, produción…)

Tras o traballo da mañá, pola tarde recibimos a visita dalgúns nais e pais emprendedores que nos falaron da súa propia experiencia ao fronte dunha empresa, onde nos quedou moi claro a importancia de ter unha formación continua no ámbito de traballo, a importancia de coñecer idiomas, de perseverar e aprender dos erros, de loitar polo nosos soños… Grandes consellos que de seguro nos servirán nun futuro. Moitas grazas polo tempo que nos adicastes!!