Tel. 982 400 450 / 626 620 631 | dir.monforte@escolapiosbetania.es |  Defensa del menor  | Canal de denuncias |

SEMENTAR SEMENTAREI — 6ºEP

A xornada de educación ambiental «Sementar Sementarei» foi organizada polo GDR Ribeira Sacra Courel.

Os alumnos participaron de forma grupal en tres talleres formativos relacionados co coidado do medio ambiente, a alimentación de aves e a recuperación de terreos queimados.

Además, visitaron a aula forestal de Os Trollos, onde tiveron a oportunidade de coñecer as características dunha árbore e as diferentes especies que poboan a zona.

A actividade terá continuación o 18 de abril en Folgoso do Courel nunha xornada na que os alumnos construirán caixas-nido para aves e aprenderán cómo se rexenera unha zona queimada tras un incendio.