Continuando coas actividades que estamos a realizar esta semana relacionadas coa semana vocacional, o xoves visitamos o Cuartel da Garda Civil de Monforte de Lemos.
No cuartel explicaronnos moitas cousas do traballo que alí se leva a cabo. Entre elas o que mais lles gustou aos rapaces foron as explicacións que nos deron sobre as rarefas de investigación no escenario onde se comete un delito, a visita ao calabozo e, como non, os vehículos da Garda Civil: motos, coches e a furgoneta de atestados.
Aquí tedes unhas fotografías da xornada.