Actividade coas novas tecnoloxías.MÓBIL
Os alumnos teñen que realizar unha captura de Instagram co hashtag #DíaMundialdelaFilosofía ou #EscolapiosMonforte4ºESO
Reflexións filosóficas para a propia vida…
Por un intre o Instagram encheuse de pensamento e creatividade.
Parabéns pola actividade rapaces!
Como profesora de filosofía quero expresar a miña gratitude aos alumnos polo traballo realizado.Espero que as preguntas que se fan dende esta materia os faga máis tolerantes cos demais, máis reflexivos e críticos coa sociedade e máis auténticos e firmes nas súas conviccións.