SECUNDARIA-4º ESO ABP  – Aprendizaxe baseado en problemas

«CICLO DE CONCERTOS»

Esta semana os alumnos de 4º da ESO convertéronse en asesores da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

Polo tanto estiveron a traballar na programación dunha serie de concertos barrocos e clásicos/ Neoclásicos, en lugares emblemáticos de Galicia. Seleccionaron atendendo a estes criterios obras musicais que serán interpretadas nos lugares onde se realizarán eses concertos.

Como produto final unha exposición da táboa organizativa dos concertos e por suposto moitos deles deron renda solta a súa imaxinación.A programación de actividades culturais permite aos alumnos aplicar os contidos traballados na unidade. Con este tipo de actividades, os alumnos poden comprobar de maneira práctica o nivel de coñecementos adquiridos, ademais de amplialos e concentralos no seu contorno máis próximo. Ademais, desenvolve competencias como aprender a aprender, tratamento da información, a tecnolóxica e, por suposto, a competencia social e cívica. Para poder realizar a tarefa, o alumnos deben ter acceso a Internet, o seu libro de texto e material de escritura.

Estratexia dos vasos comunicantes

Para o estudo dos científicos da Ilustración, empregamos a estratexia dos vasos comunicantes na que os alumnos tiñan que profundizar na vida dos científicos do chamado «século das Luces»

Newton, Jenner, Linneo, Cook e Herscher foron traballados polos alumnos en grupos base cooperativos.

Podes consultar o blog de humanidades na páxina de 4º ESO Unidade 1 O Antigo Réxime.