Tel. 982 400 450 / 626 620 631 | dir.monforte@escolapiosbetania.es

SAÍDA A FOLGOSO DO COUREL DOS ALUMNOS DE 6º

Aproveitando a Semana Vocacional, @s nen@s de 6º fomos de visita a Folgoso do Courel a realizar unha serie de actividades promocionadas polo GDR Ribeira Sacra.

Realizamos un taller de educación ambiental con arxila e sementes para elaborar bolas ou bombas de sementes. Posteriormente, cada clase plantou unha arbóre no monte. Nas árbores quedou unha placa co nome do cole e de todos @s alumn@s da clase.

A actividade foi interesante e o tempo favoreceu que desfrutaramos da natureza e da zona.