Ao longo desta semana realizaremos en Primaria varios Proxectos Interdisciplinares.
Nos cursos de 5º e 6º o tema será cinematográfico, xa que nos parece que neste momento en que o mundo audiovisual ten tanto peso, é importante afondar un pouco neste aspecto, e partindo de preguntas como:
- ¿Que roles se desempeñan nunha película?
- ¿Cal se adapta mellor a min?
- ¿Que cousas teño que coñecer previas á realización da película?
- ¿Como me organizo e planifico a película?
traballaremos contidos de expresión, de traballo en grupo, responsabilidades compartidas e intelixencias como a lingüística, artística, interpersoal, intrapersoal, naturalista; para chegar a coñecer o proceso de elaboración de cortos inspirados en distintos temas. Por outro lado, isto esixiralles por en práctica a súas competencias lingüística, aprender a aprender, emprendemento, cívica e social, nun contexto diferente ao que adoitan traballar . Trátase de que os alumnos comprendan tamén que para un resultado óptimo fai falta moito traballo previo (planificar, modificar, editar, etc).
Ao longo de todos estes días iremos engadindo diferentes entradas con vídeos, fotografías, traballos, … relacionados co Proxecto.