PROXECTO AGRARIO 3º ESO. Aprendizaxe baseado en problemas. ABP

Imagen Mapa Mental Rancholu

Os alumnos/as de 3º ESO, dende a materia de Xeografía e Historia están expoñendo os traballos do «Proxecto Agrario» que elaboraron para traballar o tema «As actividades agrarias» dende o aprendizaxe baseado en problemas.

Con este tipo de actividades pretendense incentivar a reflexión dos alumnos respecto de temas actuais.:

Que achega o medio rural, hoxe en día á economía? Ten sentido, en pleno século XXI, investir no medio rural? Estarían dispostos os nosos alumnos/as a traballar neste sector?

Saben os alumnos/as que é un proxecto agrario? Saben si na nosa localidade desenvólvense proxectos deste tipo? Existe  unha necesidade real , de que estos proxectos deben ser ecolóxicos para lograr unha incidencia maior no mantenemento da nosa saúde?

En grupo base tiñan que elaborar unha actividade económica, o máis real e tecnicamente posible, pertencente ao sector primario, tendo en conta os datos que se lle entregaban e os aspectos de intervención global e ecolóxica.

Os proxectos constan de: mapas mentais, planos de localización da actividade, desenvolvemento real do proxecto, difusión e publicidade así como o emprego das novas tecnoloxías para a súa difusión.