Como estes últimos anos hoxe levouse a cabo a actividade «Profes por un día». Nesta actividade os alumnos de 4º de ESO son «mestres por un día» nos cursos de Infantil 5anos e Primaria.
«PROFES POR UN DÍA» Calasanz 2016 from escolamon on Vimeo.
Ao longo da mañá, e coa supervisión dos mestres, os alumnos máis maiores do Centro realizaron as actividades lectivas que se lle encomendaron con anterioridade.
Con esta actividade queremos potenciar a convivencia entre alumnado do Centro de moi diferentes idades, propoñerlle aos rapaces que están no último curso unha experiencia innovadora e que supón certa responsabilidade, vivir en primeira persoa a situación de mestre; para os alumnos máis pequenos tamén é unha experiencia motivadora por ter uns «profes» diferentes, unha situación que cambia a rutina diaria.
Aquí deixamos un álbum de fotos e un vídeo, é un pouco amplo pero quixemos recoller a maior parte do vivido na xornada.
[fusion_builder_container hundred_percent=»yes» overflow=»visible»][fusion_builder_row][fusion_builder_column type=»1_1″ background_position=»left top» background_color=»» border_size=»» border_color=»» border_style=»solid» spacing=»yes» background_image=»» background_repeat=»no-repeat» padding=»» margin_top=»0px» margin_bottom=»0px» class=»» id=»» animation_type=»» animation_speed=»0.3″ animation_direction=»left» hide_on_mobile=»no» center_content=»no» min_height=»none»]