Onte os rapaces de 3º e 4º puideron pasar un bo rato coa actividade PlayEnergy de Endesa aprendendo sobre como aforrar enerxía nos nosos fogares. Os consellos máis importantes foron: poñer luces led na casa, baixar un pouco a calefacción en inverno, ventilar axeitadamente, encender só os dispositivos que estamos a utilizar… Tamén falamos da obtención de enerxía e de cales son as máis limpas.
Por certo, Franki, o encargado da actividade, é un tío moi simpático e ten unha moi rara manía: fai rimas con todos os nomes que poidades imaxinar… Un fenómeno!
Grazas por todo!