A pasada semana introducimos o traballo coas sílabas tónicas e átonas cun pequeno xogo. Os rapaces convertéronse en palabras perdidas e tres compañeiros facían o rol de buscadores. A medida que o buscador encontraba as palabras do seu tipo (agudas, graves ou esdrúxulas), o rapaz que posuía a palabra convertíase tamén en buscador.
Resultou moi moi divertido!