Os alumnos de sexto, por parellas, elaboraron un folleto de información turística sobre o noso colexio.
Durante uns días buscaron información sobre a historia, os prezos e horarios de visita, descrición das salas que se poden visitar, itinerario da visita… e plasmaron todos os datos recollidos nun folleto de información turística.
Este é o resultado do seu traballo.