Nun pasiño máis por incluír as novas metodoloxías, en cuarto optamos a pasada semana pola gamificación. Personalmente, é un tipo de metodoloxía que, cunhas normas moi básicas pero estritas, creo que dá moi bos resultados á hora de repasar ou de traballar as ideas previas dun tema.
O pasado venres os de cuarto fixeron unha búsqueda do tesouro para traballar os contidos de galego. Nela tiñan que seguir unhas pistas por toda a zona de Primaria e resolver os xogos de palabras propostos. Ao final, creaban unha oración que lles daba un código dependendo das palabras agudas, graves ou esdrúxulas que tiveran. Puidemos traballar a categorización nas definicións, as palabras homófonas, a acentuación, a morfoloxía, as adiviñas…
Sen dúbida repetiremos!