A semana pasada os alumnos de 5º de Primaria acercámonos ata a Casa da Cultura de Monforte para visitar a exposición «Mirar con tacto» da fundación María José Jove. Esta bonita exposición busca acercar aos nosos nenos (e aos maiores) á realidade coa que día a día conviven as persoas que teñen algunha dificultade visual.
Foi unha boa experencia na que os alumnos se amosaron participativos e agradecidos polo trato e a ensinanza recibida.