ALIMENTACIÓN SAUDABLE EN IDADE ESCOLAR
A alimentación de nenos e nenas é un condicionante para o seu benestar presente e futuro. Unha alimentación nutritiva e equilibrada permite un desenvolvemento corporal óptimo que entre outras cousas aumenta a capacidade de aprendizaxe, estimula as defensas e permite manter un peso adecuado, todo o cal incide na saúde da persoa adulta.