DEPORTE EN IDADE ESCOLAR
A poboación escolar atópase nun momento crucial de desenvolvemento evolutivo polo que necesita dunha actividade físico-deportiva adecuada. O sistema educativo achega entre 2 e 3 horas semanais de actividade física, doutra banda a OMS recomenda a práctica dun mínimo de 60 minutos diarios de actividade física moderada para nenos e novos. O obxectivo será complementar o horario da educación física cunha oferta de actividades extraescolares. Deste xeito contribuirase a promocionar a saúde loitando contra o sedentarismo e a obesidade infantil.
[wpdm_package id=12831 template=»link-template-calltoaction3.php»]