Para conmemorar o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Carlos Casares realizamos dous actos, ademais das actividades realizadas nas clases de Lingua Galega.
Os actos consistiron nun contacontos para os alumnos de Infantil e 1º de Primaria e unha xuntanza do resto de alumnado de Primaria e de ESO no xardín de Infantil para facer unha lectura da biografía do autor, escoitar algúns fragmentos da súa obra e disfrutar coa actuación do coro de ESO interpretando algúns temas tradicionais galegos.
No vídeo que incluímos están as fotografías da xornada, así como algún fragmento das lecturas e das actuacións. Especial atención merece o noso gaiteiro Iago, de 2º de Primaria, que a pesares da súa curta idade desenvólvese extraordinariamente coa gaita.