Para traballar este contido en 4º EP, os alumnos tiveron que facer varias experiencias mesturando en agua diversas substancias. Puideron saber de primeira man que ocorre nas mesturas ao axitalas e darse de conta de que moitas substancias non son solubles en agua.
Foron apuntando todos os pasos a seguir e escribindo pequenas observacións que percibían. Algún ten moita sorte, xa que o aceite e a agua cheiráballe a polbo á feira!