O pasado venres desprazámonos ata Sobrado dos Monxes para desfrutar dun día completiño na Casa do Queixo. O tempo acompañou e os rapaces pasárono xenial. Visitamos a granxa, fixemos queixo, traballamos con arxila, fixemos unha xincana e un roteiro ata uns muíños antigos que se atopaban no medio dun bosque marabilloso.
Grazas á Casa do Queixo por tratarnos sempre así de ben.