Os días 2 e 3 de outubro, 3º ESO viaxou a Madrid para ver o musical Billy Elliot.
Chegamos a Madrid na metade da tarde do día 2 e fixemos un breve paseo por Gran Vía e Sol
A continuación xa nos desprazamos ao teatro Novo Alcalá para gozar dun espectáculo de música e baile completamente emotivo, que nos deixou coas emocións a flor de pel. Ao saír do musical fixemos unha fotografía con Alonso, o neno que fai de Billy no musical, que quedou impresionado ao saber que viñamos de Galicia para velo. Que marabilla velo bailar!
Como temos a sorte de contar con espazos como CERCEDILLA, a casa de retiro que teñen os Escolapios na Serra de Madrid, pasamos a noite e ceamos alí.
O día 3 visitamos «La Granja» o palacio que mandou construír Filipe II e quedamos marabillados coas instalacións do Palacio e os xardíns que o rodean.
Saímos para Segovia, onde xantamos todos xuntos, e a continuación os alumnos-as tiveron tempo de esparexemento pola cidade. Tempo que aproveitaron para facer compras e fotos con un dos monumentos da época romana máis coñecidos: O acueduto.
.
De novo de volta para Monforte, xa na tardiña, moi contentos coa excursión, e pensando en repetir con máis días para o vindeiro curso.
Unha maneira distinta de aprender, de traballar a intelixencia emocional, de compartir e de levar na memoria a historia de Billy Elliot e o que esta significa:
«O máis importante do mundo é que teñamos as posibilidades de desenvolver as capacidades extraordinarias coas que nacemos.»