Cargando Eventos

Co ánimo de mostrar aos rapaces como funciona un fogar de anciáns, visitaremos a residencia San José. Vincularemos a visita ao mundo do emprego. Alí poderemos ver como traballan enfermeiros, coidadores, psicólogos, empregados de limpeza, costureiros…

Ademais os rapaces poderán ver como viven alí e compartir con eles algunhas experiencias.

Despertar a vocación dos rapaces será o propósito.