Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Actividade pensada para iniciar ás nenas e nenos no coñecemento dun tipo específico de residuos: os de aparellos eléctricos e electrónicos. Estes aparatos, polas súas características, supoñen un grave problema para o medio ambiente, polo que é moi importante adquirir desde a infancia hábitos que permitan un uso responsable desde a adquisición ata o momento de desfacerse deles.

Para iso esta actividade dos Bolechas que, de forma sinxela e moi didáctica, servirá para traballar co alumnado todo o relativo aos Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos (RAEE).