Levaba tempo pensando en facer unha pequena sala de escape para ver como funcionaba con nenos de 9 anos. Este ano, recuperei a actividade programada xa fai tempo e lanzámonos.
A sala tivo como temática a Idade Antiga; non para avaliar, nin para centrarnos nos contidos, senón que o fixemos para ver como resolvían os puzles e que capacidade de traballo en equipo tiñan os distintos grupos.
Houbo 4 puzles:
- Unha adiviña que permitía ao grupo recibir unha lanterna e unha pista. Si, todo estaba a escuras ao principio!
- Un candado de números e cores relacionado coa vida de catro deuses gregos.
- Outro de letras que se resolvía atendendo a un encrucillado sobre os inventos da Idade Antiga.
- Un final (que non se podía tocar ata ter tres reliquias!), cun candado de direccións, que se resolvía sinalando os puntos cardinais cara onde se desprazou unha lexión romana nunha das súas incursións na península.
A actividade foi todo un éxito e, aínda que a programación e preparación da mesma é un traballazo, ao final creo que vale a pena. O vídeo (PREME AQUÍ) merece ser visto mil veces só por ver como o pasan… Por certo, non era cámara oculta.
[fusion_builder_container hundred_percent=»yes» overflow=»visible»][fusion_builder_row][fusion_builder_column type=»1_1″ background_position=»left top» background_color=»» border_size=»» border_color=»» border_style=»solid» spacing=»yes» background_image=»» background_repeat=»no-repeat» padding=»» margin_top=»0px» margin_bottom=»0px» class=»» id=»» animation_type=»» animation_speed=»0.3″ animation_direction=»left» hide_on_mobile=»no» center_content=»no» min_height=»none»]