Comezamos en 3º ESO a parte de Historia dentro da materia de Ciencias Sociais.
A Idade Moderna abre o pasado para deixarnos sen palabras ante os acontecementos que ocurriron dende o descubrimento de América ata a Revolución Francesa. Mais que lembran os nosos alumnos de todo o estudiado nos cursos anteriores?
Adicamos un par de sesións a repasar os contidos máis importantes e realizamos esta actividade de recordo e creatividade para que refrescasen a memoria. O seu traballo consistiu en realizar un puzzle cunhas pezas que lle dabamos sobre os acontecementos da historia e que despois completaban empregando os seus coñecementos.