Tel. 982 400 450 / 626 620 631 | dir.monforte@escolapiosbetania.es

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Neste curso conmemoramos a figura de Manuel María no Día das Letras Galegas.

Os alumnos de Primaria traballan sobre o escritor utilizando os carteis elaborados no Centro, na tarde do luns 16 participamos nun acto conxunto con ESO, no que houbo lectura de poemas, cancións e información sobre a vida de Manuel María. O martes 24 os alumnos de 5º acudirán á Casa da Cultura para asistir a unha representación teatral sobre o mesmo autor.